“En deuda con todas”, un documental sobre aborto en El Salvador

O documental denuncia a situación que viven as mulleres que abortan en El Salvador.

 

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Xa se pode ver online o documental “En deuda con todas”, sobre a situación das mulleres que abortan en El Salvador. O documental, realizado por membros da Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (AGARESO), foi presentado na sala Númax o pasado decembro.

El Salvador ten unha das lexislacións máis restritivas do mundo en canto á interrupción do embarazo, e incluso cando se trata dun aborto espontáneo, a muller pode ser condenada a décadas no cárcere.

O documental pretende visibilizar e denunciar esta realidade, que está condenando sobre todo ás mulleres máis pobres deste país, moitas delas menores de idade.

 

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -