“Non vai ser unha loita curta”, recoñece Fernando López, integrante da Plataforma Casalonga Limpa de Residuos que combate contra a instalación dun vertedoiro encuberto no concello coruñés de Teo. O colectivo aplaude a vitora da veciñanza de Touro e Pino, logo de que a Xunta dese carpetazo ao proxecto de reapertura da mina de Atalaya Mining, aínda que vinculan este paso máis a “unha cuestión electoral” que a un “cambio de percepción” da Xunta. Con respecto á loita que levan a cabo dende Casalonga, determina: “Toysal segue aí e nós, atentas e atentos aos pasos que dean”
Inicio Medio ambiente
“En Casalonga tomamos boa nota da loita de Touro”
Falamos con Fernando López, integrante da Plataforma Casalonga Limpa de Residuos