“En 2019 agardamos renovar a confianza das e dos veciños e incluso ampliala”

O tradicional almorzo informativo cos medios locais de Santiago, ao que asistiu a maior parte do goberno local, serviulle a Martiño Noriega para facer balance da lexislatura

Compostela Aberta convocou hoxe aos medios de comunicación locais ao tradicional almorzo informativo anual do equipo de goberno. En presenza da maior parte de concelleiras e concelleiros de Raxoi o alcalde da cidade, Martiño Noriega, aproveitou a ocasión para salientar o traballo feito nestes anos de lexislatura e o xeito de encarar as vindeiras eleccións municipais do mes de maio.

O alcalde asegurou que o seu equipo está “con forza” para continuar catro anos máis e así “pechar os compromisos que adquirimos coa cidadanía no 2015”. Noriega confia en que a cidade responda e lle dea continuidade a Compostela Aberta.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

No almorzo, e a preguntas da prensa, sinalou que agarda contar co mesmo equipo de goberno malia asegurar que “depende das súas situacións persoais que teñen que valorar como fixen eu”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -