Emilio Cao: “Estou tranquilo, non hai ningún delito”

Arrincou o xuízo contra Cao. A Fiscalía pídelle máis de 5 anos de cárcere por ter participado na mobilización das Marchas da Dignidade

Pasadas as 11:00h, Emilio Cao sae dos Xulgados. Nas portas, ducias de persoas amosando o seu apoio ante o activista do Carballiño. Por el pedían case 6 anos de prisión por estar e manifestarse nas Marchas da Dignidade. A Fiscalía pedía unha dura pena por supostos  delitos de “agresión e atentado contra a autoridade”; cargos que el sempre negou. Daquelas tiña 18 anos e hoxe é estudante de Filosofía na USC.

Síntome máis tranquilo e seguro. A verdade está da miña parte e non hai ningún delito, nin atentado nin desordes públicos

A Emilio xa lle fixeran desprazarse a Madrid o pasado mes de marzo para que o xuízo finalmente se aprazara pola ausencia de dous policías que debían declarar.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

A solidariedade galega chegou a Madrid, onde estaba citado Cao. “Emilio podería ser calquera de nós” dicían nas portas dos xulgados ante un xuízo que podería “fenderlle a vida”. O deputado de En Marea Miguel Anxo Fernán e o voceiro nacional de Anova, Antón Sánchez, estaban tamén entre as persoas congregadas nas portas dos Xulgados. Tamén estaba presente Jorge Duarte en representación de Compostela Aberta
.

Absolución Emilio Cao

?‼ Toda a forza para Emilio Kao! Hoxe concentrámonos en Madrid fronte aos xulgados para reivindicar que defender os dereitos sociais non é delito. Os deputados Miguel Anxo Fernán Vello e Antón Sánchez, xunto a Emilio Cao, esixen a súa absolución. ✊?

Publicada por En Marea en Lunes, 25 de junio de 2018

A Fiscalía mantén a caza de bruxas

A Fiscalía decide manter a pena de cinco anos e oito meses de cárcere para Emilio Cao mentres a súa defensa incide en que “non hai ningunha proba contundente”. E, ademais, o propio Cao dixo que esta situación é unha “clara montaxe policial” e unha “completa farsa” posto que non cometeu ningún tipo de delito.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -