Compostela acolleu hoxe unha manifestación convocada pola Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornados. Esta manifestación saiu ás 11:30h da Praza Praterías e rematou na Rúa do Hórreo. As peticións dos manifestantes céntranse na esixencia da paralización da Lei Montoro e a urxente modificación das leis tributarias.
Os manifestantes fixeron un chamamento a partidos políticos, sindicatos, inmigrantes e colectivos sociais, así como á sociedade galega en xeral, a sumarse a esta manifestación convocada baixo o lema de xustiza e igualdade.
Piden o apoio do conxunto da cidadanía
A emigración galega retornada non acepta esta situación, que califican como inxusta e discriminatoria, e piden solidaridade con este colectivo de homes e mulleres que se viron obrigados a emigrar pola dictadura franquista.