“Solidarias si, pero iso non pode implicar que calemos”, denuncia Elvira Souto de Esculca, o Observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades civís en Galiza. Souto coloca o foco na vulneración de dereitos que supón o estado de alarma do Goberno central e a situación de “urxencia” que atravesan nestes momentos os máis dun milleiro de presos e presas da prisión de Teixeiro.
Inicio Espazo Aberto
Elvira Souto, de Esculca, denuncia a situación de “urxencia” na prisión de Teixeiro: “Só contan cun médico”
O cárcere de Teixeiro non tiña ningún médico no momento no que ingresou un preso procedente de Italia