Home Espazo Aberto Cultura ‘Electra’, Premio do Público na 36 edición da Mostra de Teatro de Cangas

‘Electra’, Premio do Público na 36 edición da Mostra de Teatro de Cangas

0
‘Electra’, Premio do Público na 36 edición da Mostra de Teatro de Cangas

O Premio do Público da XXXVI edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC) recaeu na obra ‘Electra‘, da Compañía do Chapitô. O espectáculo, que recibiu un 4,77 sobre 5, foi representada pola compañía portuguesa o pasado xoves, 4 de xullo, no Auditorio de Cangas.

‘Electra’ recibiu ao finalizar unha grande e pechada ovación do público da MITCFC, que valorou a calidade interpretativa, orixinalidade e bo facer dos actores Jorge Cruz, Nádia Santos, Susana Nunes e Tiago Viegas.

‘Electra’, dirixida por Cláudia Novóa e Jose Carlos García, narra a historia da filla preferida do rei Agamenón, que consumará a vinganza polo asasinato do seu pai coa axuda do seu irmán Orestes, matando á súa propia nai e ao seu tío Existo, que usurpou a coroa. Todo este baño de sangue familiar cóntase co estilo cómico e inconfundible de Chapitô.