Froito do proceso de Orzamentos Participativos da área de Mocidade “Elas tamén pintan“ repite este ano. Trátase dunha actividade que pretende dar visibilidade e recoñecemento ás artistas locais ao tempo que se visibiliza ás numeras mulleres na historia da arte urbana.
Aberta ata o 6 de xuño a inscrición e será de balde
Elas tamén pintan é un laboratorio de arte urbana en clave feminista, un achegamento á realidade do graffiti e o street art orientado a coincienciar á mocidade sobre as desigualdades de xénero
Deste xeito, realizaranse unha serie de obradoiros dirixidos especificamente á mocidade de Compostela, no que se anime especialmente ás mozas a ver a cultura da arte urbana como un espazo no que elas tamén teñen moito que dicir.
O programa comeza o próximo xoves 7 de xuño no Centro Xove da Almáciga e continuará cada mércores e xoves, de 17:00 a 21:00 horas, ata final de mes, ampliando o seu horario á quenda da mañá os días dos obradoiros prácticos (20 e 21 e 27 e 28 de xuño). A docencia correrá a cargo da equipa de 7H, conformada por Eva Agra e Clara Rodríguez Cordeiro, e contará coa colaboración de Xoana Almar, de Cestola na Cachola, para a realización dun dos obradoiros prácticos.
A primeira edición de Elas tamén Pintan foi posible grazas ao apoio público conseguido durante os Orzamentos Participativos Compostela Decide 2017