“ELAS, retrato dun mercado”

A Casa do Cabido inaugura a súa nova exposición, unha homenaxe á muller tradicional galega recopilada ao longo de dezaoito anos polo fotoxornalista Manuel Blanco

As mulleres do Mercado de Abastos de Compostela son as protagonistas da exposición fotográfica “ELAS, retrato dun mercado”, que estará dispoñible na Casa do Cabido ata comezos do mes de maio. Unha obra do fotoxornalista compostelán Manuel Blanco, co propósito de “poñer en valor a muller tradicional galega”, como explica o autor.

Esta mostra amósanos instantáneas que capturan e á vez recoñecen o traballo das mulleres do mercado máis tradicional de Compostela. Un conxunto de 40 pezas recopiladas ao longo de dezaoito anos. A exposición, que foi inaugurada hoxe, está impulsada polas Concellerías de Acción Cultural e Mercados do Concello de Santiago e polo Consorcio.

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego