As violencias machistas son una lacra demasiado presente nas nosas vidas. Dende xaneiro de 2017, setenta mulleres foron asasinadas en Galicia polas súas parellas. Con todo, a cidadanía está cada vez máis concienciada de que é preciso combater as actitudes machistas e, para logralo, a mellor arma é a educación.
Iniciativas coma a campaña ‘En negro contra as violencias machistas’ axudan a crear conciencia social sobre esta lacra, pero son moitas as voces que consideran insuficientes as políticas e lexislacións vixentes: é preciso dar un paso máis.
Aínda queda moito traballo por diante, pero educando á sociedade na igualdade en tódolos ámbitos é un primeiro paso moi importante para lograr o obxectivo da violencia cero.