Home Programas Área Compostela Educación emocional contra as violencias

Educación emocional contra as violencias

0
Educación emocional contra as violencias

O Foro Emociona celebrará a súa cuarta edición o vindeiro sábado 18 no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia. O obxectivo principal é concienciar ás persoas asistentes do emprego das emocións como ferramenta ante calquera tipo de violencia.

A organización agarda unha asistencia de arredor de 1.400 persoas a unha cita que, tralas experiencias dos anos anteriores, tense consolidado como a maior referencia en toda España neste senso.

Neste evento participarán profesionais da educación emocional como a filósofa Elsa Punset, a psicóloga Marian Frías ou o mestre José María Toro.