Home Espazo Aberto Lingua Eduardo Maragoto volta presidir a AGAL que busca converter o ano de Carvalho Calero “nun punto de inflexión”

Eduardo Maragoto volta presidir a AGAL que busca converter o ano de Carvalho Calero “nun punto de inflexión”

0
Eduardo Maragoto volta presidir a AGAL que busca converter o ano de Carvalho Calero “nun punto de inflexión”

Eduardo Maragoto volverá a presidir catro anos máis a Associaçom Galega da Língua (AGAL). O profesor da EOI encabezaba a única lista que se presentou ante a asemblea convocada o pasado sábado no Museo do Pobo Galego. Xunto a el, unha equipa composta por:

Eliseu Mera (vice-presidente), cantor lírico e profesor de Música ;Marcos Saavedra (secretario), bibliotecario; Romám Vilela (tesoureiro), bancario; Valentim Fagim (vogal), profesor de idiomas e editor; Miguel Penas (vogal), técnico de comunicación; Carme Saborido (vogal), profesora de idiomas; Jon Amil (vogal), médico; Teresa Pilhado (vogal), editora; Graciela Lois (vogal), psicóloga; Luís Fontenla (vogal), profesor de idiomas; Matias Rodrigues (vogal), historiador de arte; Vítor Garabana (vogal), enxeñeiro informático.

Ante os catro anos vindeiros, a equipa colócase como metas o fortalecemento dos consensos, tanto internos como externos, en relación á lusofonía e a divulgación da vivencia reintegracionista como proveitosa. A maiores, o terceiro punto programático busca converter o ano de Carvalho Calero, que protagonizará o Días das Letras do 2020, “nun punto de inflexión para o diálogo aberto sobre o relacionamento entre o galego e a lingua portuguesa”.