
A Economía circular centrará a edición deste ano da Feira de Innovación para o Emprego. A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, acompañada de Siro González, do Restaurante Siro, e Freire Chico, de Airas Cátering, presentou esta mañá en Raxoi as actividades que acollerá o Foro.
Unha economía restauradora, unha aposta pola optimización dos recursos
A concelleira @MLoisgonzalez explicou esta mañá que é e como funciona a #EconomíaCircular https://t.co/TKLg0uxY7y pic.twitter.com/Twmt3uqEV4
— Nós Televisión (@NosTelevision) 09 maio 2017
Ata o momento recibíronse 106 ofertas, correspondentes a 273 postos de traballo, e xa a se deron máis de 2.600 inscricións nas ofertas de máis de 1.000 persoas diferentes. Ademais, enviáronse 700 currículos que se axustaban ao perfil requirido polas empresas. Da totalidade das ofertas, 17 son para persoas con discapacidade (un total de 33 postos). Algunhas ofertas xestionadas aínda teñen aberta a inscrición a través da web da Axencia Local de Colocación.