
A renda básica é un ingreso pagado pola propia administración pública a cada membro con plenos dereitos nunha determinada sociedade independentemente. Trátase dunha dunha asignación monetaria pública incondicional para toda a poboación.
O día 8 de outubro de 2018 aprobouse por unanimidade unha moción presentada polo Colectivo pola Renda Básica da Coruña no pleno do Concello da Coruña. Esta moción insta ao Concello da Coruña a adoptar as medidas necesarias para fomentar un debate público sobre a Renda Básica Incondicional, Universal, Individual e Suficiente.
O Concello da Coruña e o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG) oranizaron estas xornadas en colaboración co Colectivo pola Renda Básica da Coruña, a Universidade da Coruña e Praza Pública, co obxectivo de abrir o debate público e dar a coñecer á cidadanía esta idea tan necesaria para afrontar un futuro incerto.
As mesas temáticas destas xornadas abordaron o tema dende distintas perspectivas como a dos feminismos, a sustentabilidade ecolóxica, o benestar social, o dereito universal e o emprego.