A recentemente creada Plataforma Galiza un futuro sen carbón denuncia que para cumplir cos obxectivos internacionais contra o cambio climático é imprescindible deixar de empregar o carbón. Agora queren internacionalizar as mobilizacións desde a nosa terra participando, desde aquí, nas protestas que terán lugar en todo o mundo no mes de decembro organizadas polo European Beyond Coal (Europa mellor sen carbón).
Hai mobilizacións en toda Europa e Galicia non quere ser menos
Manoel Santos, voceiro Plataforma do carbón, explica que hai que cumpli cos compromisos do Comité Internacional Contra o Cambio Climático. “Deberíanse reducir de aquí ao 2030 dous terzos da produción de carbón, para eliminalas por completo no 2050”.
A Plataforma está formada por colectivos ecoloxistas internacionais, como Greepeace, estatatais como Ecoloxistas en Acción e galegos, como Adega e Verdegaia. Tamén contan co apoio doutras plataformas como a de Mina de Touno-O Pino Non, colectivos de mulleres e varias cooperativas.