Desde o Colectivo Renda Básica da Coruña, Rodrigo Gil lembra que desde 2008 aumentou a fenda social. Coas medidas que se están a tomar por mor da crise sanitaria, no colectivo cren que van aumentar aínda máis as desigualdades, salientando que só en Galicia hai 100.000 persoas afectadas por ERTEs, a maioría precarizadas e en situación de vulnerabilidade.
Por iso, piden ao goberno do estado que sexa “ambicioso” e que aposte por unha renda básica, que sexa “universal, incondicional, individual, suficiente e indiscriminada. Para todo o mundo”. Ademais, fan un chamamento a que Xunta e concellos se sumen á súa petición.
Desde o colectivo aproveitan para agradecer a labor das traballadoras de servizos sociais, supermercados ou sanitarias.
Que é a renda básica?
Hai xa máis dun ano, o economista Daniel Raventós explicaba a Nós Televisión as principais consecuencias da renda básica para a clase obreira.