Home Programas Área Compostela “É inexplicable que se estea destruíndo o legado de Díaz Pardo

“É inexplicable que se estea destruíndo o legado de Díaz Pardo

0
“É inexplicable que se estea destruíndo o legado de Díaz Pardo

O Pazo de Fonseca acolle “Con Galiza sempre no horizonte”, unha viaxe ao traballo de Díaz Baliño e Díaz Pardo. A exposición, comisariada por Xosé Ramón Fandiño Veiga e Gloria López López, recupera obxectos que xa forman parte da nosa memoria colectiva e sirve tamén para reflexionar sobre o legado dos autores.

Sargadelos e o seu legado

En concreto,  unha parte da exposición trata proxectos que aínda perduran mais con polémica. É o caso de Sargadelos. Xosé Ramón Fandiño é moi crítico co que está pasando e afirma que é “inexplicable que se estea destruíndo o seu legado” e pensa que debería conservarse co apoio da sociedade e das propias institucións. “Foi o propio Díaz Pardo quen traballou por lembrar a memoria histórica”, apunta escritor e editor compostelán.