E Franco volveu á Coruña

A Coruña acolleu o pasado sábado unha marcha reivindicativa para esixir a devolución do Pazo de Cornide, en propiedade da Familia Franco, así como tamén de todo o patrimonio espoliado durante a ditadura española

Ironía e moito humor para reivindicar outro inmoble en mans dos Franco. A Coruño a viviu esta fin de semana unha marcha organizada pola Comisión Aberta en Defensa do Común que comunicou desde María Pita ata o mesmo Pazo de Cornide o desexo de que o patrimonio da cidade sexa devolto.

Non faltaron á cita nin Franco nin a súa muller, Carmen Polo, nin o actual monarca español, Filipe VI. Tamén estaban o daquela alcalde Alfonso Molina e o empresario Pedro Barrié de la Maza. Todos representados por actores e actrices que desfilaron entre un cento de asistentes que levaban carteis con frases como “Fóra Franco da Coruña” e “Que devolvan o roubado”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

No acto falou Manuel Monge, presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, para reclamar a devolución do Pazo de Cornide e tamén do Pazo de Meirás, inmobles ámbolos dous agora mesmo en poder dos Franco.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -