Achegámonos ata A Coruña para debater e reflexionar sobre as experiencias sobre democracia participativa e, en especial, sobre os orzamentos participativos
Son cada vez máis as cidades que apostan pola implantación de medidas que posibilitan a participación cidadá. Votar cada catro anos non é sufiencie. Existe no Estado xa unha axenda común con mecanismos da chamada democracia participativa ao tempo que a cidadanía reclama máis información para participar na toma de decisións.
A Coruña acolleu a comezos do mes de xullo o IV Encontro Ibérico de Democracia e Orzamentos Participativos. O espazo tivo como obxectivo a reflexión e o debate sobre as diversas experiencias de orzamentos participativos que están a se levar a cabo en toda a península e marcar unha axenda común para seguir profundando na democracia participativa.
Un resumo da reportaxe
E de que vai isto da democracia?
Adianto dunha reportaxe de Nós Televisión sobre orzamentos participativos pic.twitter.com/9iivelS7uy— Nós Televisión (@NosTelevision) 27 de julio de 2018
Experiencias cidadás
A Democracia e os orzamentos participativos nas cidades foi o tema de debate no IV Encontro Ibérico celebrado no Ágora da Coruña. As experiencias cidadás de Galiza, Portugal,do Estado Español e América foron expostas en común para o avance da democracia participativa.
Os orzamentos participativos son procesos de intervención directa, permanente, voluntaria e universal no que a veciñanza delibera e decide a asignación de recursos públicos. Deste xeito, adentrámonos en experiencias como a de Tomiño e Vilanova de Cerveira posibilitaron a elaboración de orzamentos participativos entre a veciñanza das dúas vilas.
O encontro
O encontro, a través de mesas de traballo e conversas, serviu tamén para reflexionar e traballar sobre a diversidade da participación e a súa accesibilidade, pondo especial atención en colectivos como a infancia, a mocidade ou as persoas que non teñen autonomía dixital.