Home Programas Espazo Aberto Duro enfrontamento no Parlamento entre Paula Prado e Quinteiro

Duro enfrontamento no Parlamento entre Paula Prado e Quinteiro

0
Duro enfrontamento no Parlamento entre Paula Prado e Quinteiro

O que comezou sendo o debate sobre unha proposición de Lei presentada por En Marea converteuse nunha brusca batalla verbal entre o grupo popular e as forzas da oposición. A deputada Paula Prado afeou dende o atril que a encargada de defender a lei fose Paula Quinteiro, que acusou ao PP de ser un “partido machista”. Baixo o punto de vista de Prado, a deputada de En Marea non era quen de “dar leccións de ética”.

Prado lémbrase de Anxo Quintana

O conflito non ficou aí, xa que Prado aproveitou a súa intervención para lanzar diferentes acusacións ás outras forzas da oposición, BNG e PSdeG-PSOE, que anteriormente compareceran no Hemiciclo. A popular acusou ao antigo voceiro do BNG, Anxo Quintana, de gastar os cartos en “festas con mulleres en Silleda”, namentres sacou á palestra que dous secretarios xerais do PSOE, Manuel Chaves e José Antonio Griñán, foron condenados por “estafar” ás persoas desempregadas de Andalucía.

Os grupos da oposición protestaron pola actitude de Paula Prado, e pediron ao presidente do Parlamento, Miguel Santalices, que actuase en consecuencia. Dende as bancadas, as deputadas e deputados dos catro partidos protagonizaron un cruce de acusacións, reproches e aplausos que levou a Santalices a intervir e pór orde en numerosas ocasións.