A empresa Toysal presentou á Xunta un plan de restauración para a concesión da explotación de Casalonga. Segundo informan desde o concello os servizos técnicos xa están revisando ese Plan de restauración aínda que a súa única competencia sexa a urbanística.
Sen resposta da Xunta
A actuación debera ser inmediata
O alcalde de Teo, Rafa Sisto, sinala a Nós Televisión que o concello aínda está a agardar por unha resposta formal por parte da Xunta ao informe urbanístico que presentaron no seu momento.
En relación a este novo paso de Toysal na web municipal pódese consultar o documento da empresa que propón rechear o oco da canteria xa explotada. Nel a empresa sinala que a última capa podería vir de tecnosolos. Dende o departamento de Urbanismo xa se ten solicitado dende hai días unha entrevista co Director Xeral de Minas para ter máis información sobre este plan de restauración.