Home Programas Espazo Aberto Dúas mulleres coróanse como gañadoras de poesía no certame aRi[t]mar

Dúas mulleres coróanse como gañadoras de poesía no certame aRi[t]mar

0
Dúas mulleres coróanse como gañadoras de poesía no certame aRi[t]mar

Xa se coñecen os poemas gañadores desta cuarta edición do certame aRi[t]mar. Susana Aríns é a gañadora por Galicia co seu poema “E isso é o amor”, que fala sobre a volta dunha festa popular. En canto á gañadora por Portugal, Marta Chaves, acadou este primeiro posto coa obra “Fachada”, na que fala duns obreiros que están a traballar sobre os andamios dun edificio e explican como se ve o mundo dende alí arriba.

Gonzalo Constenla, director da Escola Oficial de Idiomas de Compostela, asegura que Galicia ten unha gran produción de poesía e que cada vez se incorpora máis xente nova polo que se está a converter nun xénero innovador e destacado na nosa terra. Aínda así, Constenla di que “é un xénero que a xente le menos, polo que compre difundilo”. E por iso se celebra este certame: para difundir e unir as culturas galega e portuguesa.