Donald Trump será o Meco neste entroido compostelán

Presentación da programación para o entroido compostelán

O Entroido está a piques de chegar a Compostela. A tenente de alcalde María Rozas presentou no Teatro Principal a programación do Entroido en Santiago, con actividades dende o 25 de febreiro ata o 1 de marzo. Estivo acompañada por membros das dúas comparsas máis antigas da cidade, Os Conformistas de Conxo e A Ruliña de Laraño, e por José Manuel Méndez, o creador do Meco.

- Publicidade -

Este ano a figura do Meco estará protagonizada polo recén eleito presidente dos Estados Unidos, Donald Trump. Co seu desfile dende a praza de Cervantes ata a praza do Toural, o sábado 25 ás 20 horas, darán comezo as celebracións do Entroido compostelán.

As comparsas xa quentan motores de cara a estas datas festivas

O desfile do Martes de Entroido ten prevista a súa saída ás 17:30 horas, dende a estación do ferrocarril, para rematar na avenida de Xoán Carlos I. Alí, a partir das 21:00 horas, celebrarase a entrega de premios, que se manteñen nas contías do ano pasado. Ao remate a festa continuará na Sala Capitol, coa actuación da orquestra Los Modernos. A Queima do Meco será o mércores día 1 na Praza Roxa ás 21 horas.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego