
Branca Novoneyra, concelleira responsable de Acción Cultural, presentou en rolda de prensa a iniciativa “12 doces de Outono”, unha programación de espectáculos para os domingos de novembro nos Centros Socioculturais de Santiago. A edil explicou que a novidade desta iniciativa é que ao remate de cada espectáculo haberá unha degustación de doces feitos por veciñas e veciños de cada barrio.
A entrada para acceder a estes espectáculos é de balde ata completar o aforo dos espazos. A concelleira salientou tamén o carácter familiar da programación escollida.
As actuacións programadas son principalmente teatrais, aínda que tamén haberá obradoiros de danza e espectáculos de títeres.