Home Programas Área Compostela “Dois namorados unidos pelo río Minho”

“Dois namorados unidos pelo río Minho”

0
“Dois namorados unidos pelo río Minho”

O programa das Semanas Culturais de Convergências Portugal-Galiza chega á súa quinta edición, e este ano tamén pasará por Compostela logo do éxito da última vez. Dende o 17 ao 24 de febreiro, entre Braga, Padrón e Santiago celebrarase por quinta vez un dos eventos culturais máis salientables do mundo lusófono.

Exposicións, música, cinema, poesía, tertulias e teatro… toda unha programación destinada  promover a unión das dúas culturas e costumes, e sobretodo dos diferentes artistas. Como explica o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García, esta Semana de Convergências está repleta “dun amplo abando de actuacións e manifestacións culturais

A unión entre Galiza e Portugal vai máis aló dunha lingua irmá. Se ben a lusofonía é un patrimonio compartido que debemos preservar e fornecer, fomentar o apego entre as culturas de ambos pobos debera ser o seguinte na axenda para que non esvaeza. Algo que lembrou Anxo Angueira, Presidente da Fundación Rosalía de Castro, e que se fai “mediante a poesía, a litertura, a música, e relacionando figuras tan emblemáticas para as dúas culturas como foron Rosalía de Castro e o Zeca Afonso“.

Programa completo das xornadas