O documental Esquece Monelos chega á Sala NUMAX

Xa se pode mercar a entrada para a estrea en Compostela de Esquece Monelos

Venres 27. 22:00h. A Sala Numax acollerá a estrea do documental Esquece Monelos, unha reflexión colectiva sobre a memoria dos lugares e das súas xentes e que se centra nun caso concreto: a desaparición do río Monelos baixo a cidade da Coruña. A sesión, ademais, contará cun coloquio coa directora do documental, Ángeles Huerta, e co co-guionista, Antón Núñez. As entradas xa están dispoñibles na páxina web da propia sala de cinemas

- Publicidade -

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego