Home Programas Área Compostela Doce liñas de autobús prestarán servizo nocturno durante as Festas do Apóstolo

Doce liñas de autobús prestarán servizo nocturno durante as Festas do Apóstolo

0
Doce liñas de autobús prestarán servizo nocturno durante as Festas do Apóstolo

Co gallo de evitar que a xente conduza de noite en período de festas, o Concello de Santiago porá a disposición da cidadanía un servizo nocturno de autobuses durante o Apóstolo. Trátase dunha proposta impulsada dende os orzamentos participativos do pasado ano, e permitirá establecer catro frecuencias cada hora dende as 00.00h até as 03.00h.

Haberá doce liñas activas que conectarán o centro histórico de Compostela con tódalas súas parroquias. En concreto, serán as seguintes: 1, 4, 5, 6, 7, 8, C11, P1, P2, P3, P7 e P8. Este reforzo funcionará entre o 21 e o 31 de xullo.

Preme na imaxe para ampliar

Servizo especial para a Festa do Escalo

Por outra banda, a corporación local lembra que ofrecerá tamén un servizo especial de autobús con motivo da Festa do Escalo, en Chaián. Haberá buses dende as 10.00h, con frecuencias cada dúas horas.