Doce horas con Rosalía

Así é a reportaxe de Nós Televisión sobre a segunda edición do Festival Rosalía

Se tivesemos que escoller a alguén con recoñecemento social e cultural na nosa terra, con prestixio e imaxe icónica, cunha fonda presenza no subconsciente colectivo, non habería dúbida en quen sería: Rosalía de Castro. A nosa poeta nacional recibiu múltiples homenaxes ao longo do tempo mais, se cadra, faltaba reunir nun lugar as múltiples representacións que se están a facer na actualidade con obxectos de consumo diario. Desde o ano pasado ese lugar existe e chámase Festival Rosalía.

A compostelá praza de Cervantes acolleu o pasado 29 de stembro a segunda edición deste singular festival que congregou a produtores e produtoras e librarías que levan anos espallando os versos, a imaxe e a figura da poeta nas súas creacións (cadros, libros, cuncas, cervexa, camisolas, pandeiretas, chaveiros,…).

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

A segunda edición do Festival Rosalía reuniu a produtores e produtoras e librarías que levan anos espallando a imaxe da poeta nas súas creacións

Na inauguración deste festival estiveron presentes Goretti Sanmartín Rei, vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación, e de Martiño Noriega, alcalde de Santiago de Compostela.

Como representante da institución organizadora Goretti Sanmartín explicou a idea desta edición, a Rosalía dos superpoderes. “Exhibir toda a potencia creadora que ten a cultura galega, unha cultura que resiste, ás veces con moitos problemas, pero que sen ningunha dúbida ten unha calidade extraordinaria”, apuntou a vicepresidenta.

Polo seu lado o alcalde de Santiago explicou a relevancia que ten para a cidade a súa figura máis ilustre e quixo “reivindicar a figura de Rosalía”.

En Cervantes, no festival, non faltou a música e a animación de rúa con Uxía, Mónica de Nut e Ánxela Blanco, Son Trío, Val de Mouras ou Os Quinquilláns. Nin tampouco a nosa superheroína, a que loitou cos seus versos por dignificar a todo o noso pobo.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -