A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, informou en rolda de prensa sobre a regularización catastral impulsada pola Dirección Xeral de Catastro, a cal é dependente do Ministerio de Facenda que dirixe Cristóbal Montoro.
O Concello de Santiago creou unha Oficina de atención aos contribuintes afectados para intermediar co Ministerio de Facenda
Raxoi pon en marcha unha oficina de atención aos contribuíntes afectados pola regularización catastral deste 2017 https://t.co/SWU21qUzOg pic.twitter.com/peb348yUwC
— Nós Televisión (@NosTelevision) 22 febreiro 2017
“Hai aproximadamente 8.000 inmobles os que se verán afectados en Santiago” María Rozas, concelleira de Economía e Facenda
Ademais, María Rozas informou que o Goberno municipal cumprirá o compromiso adquirido na negociación dos orzamentos e todo o que se recade no rural con esta regularización catastral será íntegramente repercutido no propio rural da nosa cidade.