Home Programas Área Compostela Dios ke te Crew regresa co novo disco ‘O ciclo da Serpe’

Dios ke te Crew regresa co novo disco ‘O ciclo da Serpe’

0
Dios ke te Crew regresa co novo disco ‘O ciclo da Serpe’

O histórico grupo de hip hop galego Dios ke te Crew xa está de volta. O regreso ven da man do seu novo disco ‘O Ciclo da Serpe’ que, dende este mércores, pódese atopar nas plataformas dixitais e que estará nas tendas físicas a partir do 17 de maio en formato CD. As persoas que acudan ao concerto-presentación do 11 de maio na sala Capitol de Compostela poderán facerse cun CD alí a un prezo reducido.

‘O Ciclo da Serpe’ foi gravado e mesturado en Rapapoulo Estudio (Ordes) e masterizado en Jammin Masters (Berlín). Nel colabora o actor Miguel de Lira en dous sketches e músicos como Manu Paino, Serxio García, Xosé Antonio Ríos, Martiño D. Mato, Inés MIrás ou Javier Pardiñas. A portada ten unha animación en realidade aumentada realizada polo artista audiovisual A.L. Crego.