A dinamización comercial volta con “Con B de Barrio”

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou en rolda de prensa no Pazo de Raxoi a segunda edición do programa “Con B de Barrio”, a actividade creada o ano pasado co obxectivo de apoiar e estimular o pequeno comercio de barrio.

Nesta edición poderán beneficiarse 15 comercios a partir de 15 proxectos de dinamización comercial nos cales cada comercio será o centro ou nodo. Este programa está aberto a todos os comercios de Compostela que non participaran na primeira edición. O prazo para candidatarse rematará ás 14:00 horas do día 3 de abril.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -