Home Programas Espazo Aberto Dimite a Valedora do Pobo case catro meses despois de ser condenada polo Supremo

Dimite a Valedora do Pobo case catro meses despois de ser condenada polo Supremo

0
Dimite a Valedora do Pobo case catro meses despois de ser condenada polo Supremo

A valedora do Pobo, Milagros Otero, rexistrou este martes a súa renuncia ao cargo ante o Parlamento de Galicia. A dimisión de Otero prodúcese case catro meses despois de que o Tribunal Supremo desestimase o seu recurso contra a condena do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) pola desginación dentro da insitución de María Puy, irmá do portavoz parlamentario do PPdeG e sobriña do expresidente Manuel Fraga. A dimisión de Otero chega despois de que pedira un incremento salarial en acordo coa actualización das retribucións dos empregados públicos. A principios do mes de abril, logo de saberse o fallo do TS, Milagros Otero vinculara a súa dimisión a que o Parlamento acordase unha persoa para substituíla no cargo.