Home Programas Área Compostela Diminúe o uso do bus urbano por mor da folga do transporte

Diminúe o uso do bus urbano por mor da folga do transporte

0
Diminúe o uso do bus urbano por mor da folga do transporte

O transporte público viuse marcado o pasado ano pola folga do sector durante o mes de xullo, co obxectivo de obter mellores condicións laborais na negociación do seu convenio colectivo coa Xunta. Este feito provocou que diminuíse o número total de usuarias do autobús urbano en Compostela nun 1’52% con respecto ao ano 2016. De non terse convocado a folga, segundo informa o Concello, a taxa tería rexistrado un crecemento do 1’35%.

De non terse producido eses paros, a rede de transporte urbano tería gañado máis de 96.000 usuarios o ano pasado

As liñas máis concorridas

Un ano máis, as liñas máis concorridas foron a 1, a 6 e a C11, rebasando todas elas o millón de pasaxeiras. A cuarta posición é para a liña 5, que sigue moi de preto ás anteriores. O obxectivo do Goberno local coa posta en funcionamento do novo plan de transporte é concentrar estas catro liñas en tres, reducindo deste xeito o tempo medio de agarda a entre 10 e 12 minutos.

O bono ordinario foi empregado por 16.000 persoas máis que o pasado ano

Outra das boas novas que reflicte o informe do Concello é a consolidación do bono ordinario, empregado por 16.000 persoas máis que en 2016. Porén, diminúen considerabelmente os bonos para universitarios e pensionistas, un aspecto que o Goberno tentará paliar durante o presente exercicio.