O ensaio en clave persoal é cada vez máis ocorrente na nosa literatura. É o caso do “Diario sen datas dunha aborixe galega” de Diana Varela Puñal, publicado pola Editorial Laiovento. A modo de diario, desde unha perspectiva vivencial, sen ningún tipo de aspiración pretenciosa, esta obra trata os temas que máis preocupan á autora: o concepto de identidade, a poesía e a ética. Unha lectura moi recomendable para estes días de verán.
Inicio Cultura
“Diario sen datas dunha aborixe galega” de Diana Varela Puñal
Esta obra publicada pola Editorial Laiovento trata os temas que máis preocupan á autora: o concepto de identidade, a poesía e a ética