Home Programas Espazo Aberto Día da Patria: unha unidade que non foi posible

Día da Patria: unha unidade que non foi posible

0
Día da Patria: unha unidade que non foi posible

Unha das características deste 25 de xullo, que xa se repetiu noutras edicións, foi a dispersión de actos das diferentes formacións políticas nacionalistas e independentistas galegas. O propia día da Patria o alcalde de Lalín, Rafael Cuiña, criticaba no acto realizado polo seu partido, Compromiso por Galicia, esta circunstancia nunha das afirmacións máis claras en torno á ausencia de unidade nesta simbólica data.

Villares: “A diversidade é positiva; o malo sería que non se celebrase o Día da Patria”

O voceiro de En Marea e deputado no Parlamento Galego ofreceu unha valoración ben distinta dos escenarios que se presentaron neste 25 de Xullo. A poucos minutos de distancia do acto organizado por Anova, o líder da Marea puxo en valor os aspectos positivos da diversidade.

Pouco antes da chegada do 25 de xullo, o secretario Xeral de Galiza Nova,Alberte Fernández tamén foi preguntado por Nós Televisión sobre esta cuestión e asegurou que están a traballar pola “unidade do nacionalismo galego” nun proceso que “é longo”.

A festa nacional de onte acolleu varios actos concentrados en poucos metros na cidade de Santiago. O máis numeroso en relación á asistencia foi a tradicional manifestación convocada polo BNG que rematou na Praza da Quintana e á que asistiron tamén, a título persoal, militantes doutras formacións políticas.

https://nostelevision.gal/o-bng-fai-un-chamamento-superar-o-estado-autoanemico-nun-masivo-25-de-xullo/

(En ampliación)