Home Espazo Aberto Medio ambiente ‘Di non ao plástico’, unha campaña para a xente moza de Ponteareas

‘Di non ao plástico’, unha campaña para a xente moza de Ponteareas

0
‘Di non ao plástico’, unha campaña para a xente moza de Ponteareas

A oficina municipal de voluntariado do concello de Ponteareas abre o prazo para inscribirse no proxecto ‘Di non ao plástico‘ que está dirixido á xente moza con idades de entre 16 e 30 anos de idade. Dentro desta iniciativa, realizaránse actividades de orientación con rutas medioambientais, eliminación de plantas invasoras, prácticas en ferias, eventos ou campamentos, tratarase a contaminación atmosférica, entre outras.

O prazo de inscrición remata mañá, 27 de xuño. Para anotarse no proxecto cómpre acudir ao centro social de Ponteareas, ubicado na rúa Oriente, de 9 a 14.30 horas. Para máis información, poden enviar un correo electrónico a voluntariado@ponteareas.gal.