Home Programas Área Compostela Dez establecementos composteláns protagonizan a segunda edición da mostra ‘Comercios emblemáticos’

Dez establecementos composteláns protagonizan a segunda edición da mostra ‘Comercios emblemáticos’

0
Dez establecementos composteláns protagonizan a segunda edición da mostra ‘Comercios emblemáticos’
Foto de grupo

O local de Afundación abranguerá, até o vindeiro 4 de febreiro, a segunda edición da mostra fotográfica ‘Comercios emblemáticos’. Esta exposición tenta homenaxear a dez establecementos clásicos de Compostela que xa forman parte, en palabras do alcalde, da “memoria colectiva dunha cidade que é Patrimonio da Humanidade”.

A cidadanía poderá acceder á exposición en horario de 12 a 14 e de 17 a 21 horas. Así e todo, permanecerá pechada os días 24, 25 e 31 de decembro e o 1 e 6 de xaneiro.