A Policía Autonómica detivo un empresario en Compostela como presunto autor do roubo de material sanitario valorado en cinco millóns de euros. No interior da nave onde se producíu o roubo, en OXIDOC, situada no polígono do Tambre, aínda se podían atopar algúns restos de material sanitario como, por exemplo, máscaras sanitarias
O empresario, cuxa identidade non trascendeu, foi posto en liberdade tras prestar declaración ante o xuíz. Descoñécese polo de agora se despois desa comparecencia xudicial lle vincularon algún tipo de delito.
Operativo policial
O operativo, segundo informa a Xunta de Galiza, comezou tras recibir o aviso de que na nave podería haber unha gran cantidade de mascarillas do modelo FFP2, guantes cirúrxicos, pantalóns, uniformes sanitarios, botiquíns e alcohol. A empresa, que se dedica á venda de material sanitario, está actualmente en situación concursal.
“Todo parece indicar que o roubo se produciu cando a pandemia de coronavirus xa estaba presente en varios países e era considerado un problema de saúde pública”, indican nun comunicado de prensa dende a Vicepresidencia.
A investigación comezou a través do exame de indicios, a comprobación das imaxes de cámaras de seguridade e a declaración de testemuñas. Así, toda a investigación apuntou a un empresario da cidade, que fora visto ao redor da nave e que, recentemente, mantivera supostamente unha reunión con cidadáns portugueses que, con posterioridade, accederon ao interior desta empresa. A hipótese actual segundo a Xunta é que, logo de roubar o material sanitario, este foi vendido a unha empresa afincada en Portugal.