Home Programas Espazo Aberto Destrúen un castro na mariña lucense grazas á incapacidade da Xunta

Destrúen un castro na mariña lucense grazas á incapacidade da Xunta

0
Destrúen un castro na mariña lucense grazas á incapacidade da Xunta

As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio presentaron o pasado 17 de setembro varias denuncias ante a Fiscalía por diferentes disposicións de Departamento de Patrimonio Cultural da Consallaría da Xunta de Galicia que poderían ser constitutivas de delito. Unha destas denuncias fai referencia á flores, situado entre os concellos lucenses de Mondoñedo e Lourenzá. A empresa propietaria da canteira, advirten, probablemente ocasionou danos irreparables, e de forma xeralizada, nun ben patrimonial catalogado dende 1995.

Denuncian agora desde a entidade ecoloxista que a Xunta ignorou todas as denuncias e a canteira avanzou e destruíu a práctica totalidade do xacemento. Malia as denuncias realizadas no 2008, 2016 e 2017, o Servizo de Patrimonio de Lugo non actuou para evitar o avance da canteira, omitindo o seu deber de salvagardar o xacemento e de garantir a súa protección.

Un comportamento que vén de vello

A pesar de que existen varios informes arqueolóxicos así como probas materiais que confirman a existencia do xacemento, o Servizo de Patrimonio de Lugo elabora un informe no que xustifica a súa inexistencia ao tempo que solicita a exclusión deste ben patrimonial, xa inventariado e xa catalogado, do preinventario. “A Administración galega tiña no seu poder diferentes informes arqueolóxicos alertando de que a canteira estaba a destruír o xacemento” lembran desde ADEGA.

Actividades mineiras

A non paralización das activiades mineiras que afectaban o castro, xunto cos informes elaborados polos técnicos da xunta para desprotexelo, puideron ser determinantes para a destrucción deste ben patrimonial. A día de hoxe, a canteira continúa a destruír o xacemento, sen que a Xunta nin Concello fagan nada por evitalo.