Home Espazo Aberto Cultura ‘Despida’ de Sabela e ‘Catavento da Sé’ de António Zambujo, mellores cancións de Galiza e Portugal no 2019

‘Despida’ de Sabela e ‘Catavento da Sé’ de António Zambujo, mellores cancións de Galiza e Portugal no 2019

0
‘Despida’ de Sabela e ‘Catavento da Sé’ de António Zambujo, mellores cancións de Galiza e Portugal no 2019

Os perto de cinco mil votos do público emitidos no certame aRi[t]mar Galiza e Portugal promovido pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela determinaron que o mellor tema musical de Galiza neste 2019 é ‘Despedida’ de Sabela e, en Portugal, ‘Catavento da Sé’ de António Zambujo.

Os seguintes temas máis votados, nos segundos postos, foron os de Guadi Galego (GZ) por Balada de verán e Miguel Araújo (PT) con Talvez se Eu Dançasse; e os terceiros Baiuca (GZ) por Fisterra, e Isaura (PT) con Uma Frase Não Faz a Canção.

As poetas de Galiza e Portugal

A seguinte fase do certame consiste na escolla de poesías gañadoras, que se poderán votar desde mediados de abril até mediados de maio. Ademais, o día 24 de abril, véspera da celebración da Revolución dos Caraveis portuguesa, darase a coñecer o premio especial do xurado á Embaixada da amizade galego-lusófona, creado para galardoar aquelas persoas, iniciativas ou institucións que se teñan destacado por tender pontes de amizade entre Galiza e a Lusofonía.