Unha vez máis, GZ Música recolle nunha listaxe os 25 temas publicados nos últimos seis que máis están a soar en Spotify e Youtube. A lista, actualizada o 1 de decembro, coloca ‘Despedida’ de Sabela Ramil á cabeza.

En segunda posición atopamos a reconstrucción de ‘Fisterra’ con Baiuca e Carlangas que fan propio todo un himno da música tradicional galega. En terceira posición, ‘Reconociéndome’, de Guadi Galego e Andrés Suárez á que lle segue, na cuarta, ‘Perfidia’ cun videoclip que supón todo un salto (estético) das Tanxugueiras.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

No centro deste ‘Top25‘ atópase ‘Fábrica de Luz’ da banda da Loba, ‘Desposorio’ das Tanxugueiras, ‘Salsa Galaica’ de SonDaRúa e ‘Voltarán’ de Arrythmia que acaban de lanzar unha campaña de mecenado para lanzar o seu novo disco na primevera de 2020. A listaxe, na que aparecen dende Terbutalina a Uxía Lambona e a Banda Molona, péchase co tema ‘Albor en Moscoso’.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -