A Conselleria de Sanidade gábase da súa transparencia na xestión das listas de espera, dunha “tendencia decrecente” nos últimos anos e das cifras “máis baixas da serie histórica, ademais de sacar peito polo decreto de tempos máximos. Con todo, os estudos das asociacións non cadran en absoluto con ese optimismo.
A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública realizou un estudo no que analizou a variación dos tempos de espera neste ano e o anterior. Por exemplo, no relativo á espera cirúrxica, “aínda que o SERGAS informa de que descendeu, a realidade é que o tempo da espera media creceu no 60% en 8 das 14 especialidades cirúrxicas.”
A AGDSP destaca que estes aumentos afectan especialmente ao sexo feminino (Eco de Mama, Obstetricia ou Xinecoloxía)
Advirten tamén do aumento na espera en probas de diagnóstico por imaxe e un aumento da opacidade na información de probas oncolóxicas. Desaparecen do cómputo da lista de espera outras probas, “sen informar se se seguen realizando ou non e dos motivos para non informar sobre as mesmas.”
Tamén denuncia un aumento importante do tempo de espera nas primeiras consultas en diversas especialidades: “A espera media mantívose practicamente igual que hai un ano, pero incrementouse na metade de especialidades: Obstetricia (218,6%), Cirurxía maxilofacial (74,4%), Cirurxía torácica (51%) e Medicina Interna (49%) ou Cardioloxía (53%). A AGDSP destaca que estes aumentos afectan especialmente ao sexo feminino (Eco de Mama, Obstetricia ou Xinecoloxía)
As listas de cardioloxía
A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS esixe a publicación das listas de espera para consultas externas de cardioloxía e denunciaban que as demoras declaradas son “rotúndamente falsas“, en referencia á denominada ‘consulta de acto único’: “As demoras medias para primeiras consultas no servizo de cardioloxía son 4 ou 5 veces superiores aos 7 días que fixeron públicos na prensa.”
APUChus sixe a publicación das listas e denuncian que as demoras declaradas son “rotúndamente falsas”
Ademais, afirman que o xefe de servicio, González Juanatey “minte de novo” ao definir os convenios do SERGAS con Medtronic como proxectos de investigación. Detrás dos convenios, como veñen denunciando, “encubriuse unha estratexia global da
multinacional hacia a cardioloxía do SERGAS”. Reiteran que Medtronic só busca un beneficio da súa posición estratéxica e critican que o aproveitamento dos bens públicos por parte da multinacional: o persoal, as instalacións e sobre todo, pacientes e usuarios.
NÓS TELEVISIÓN está a realizar unha investigación sobre a #TramaMedtronic