Deserta a adxudicación de dirección, docencia e organización da Escola Municipal de Música

O goberno municipal acordou en Xunta extraordinaria asume a proposta da mesa de contratación e redactará novos plegos

A adxudicación do servizo da Escola Municipal de Música foi declarada deserta e esta podería ser a solución a un conflito que tivo a traballadoras e traballadores con grande preocupación polo seu futuro. A decisión foi tomada nunha Xunta de Goberno extraordinaria celebrada hoxe, 21 de maio, coincidindo co día en que comezaba unha folga indefinida convocada se non había acordo.

Esa era unha das demandas de traballadores e traballadoras xunto coa prórroga da actual empresa que xestiona a instalación e que tiña un contrato ata o día 30 de xuño.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Segundo manifestou o alcalde da cidade, Martiño Noriega, agora procederase a “redactar uns novos pregos, nun proceso dialogado cos traballadores e traballadoras da Escola Municipal de Música, e coas nais e pais do alumnado”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -