Compostela reivindicará a mobilidade a semana do 20 de setembro ao 1 de outubro con varias actividades nas que se porá de relevo a importancia do uso de vehículos non contaminantes e a accesibilidade. O programa presentouno no Pazo de Raxoi o concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda, Mobilidade e Relacións Veciñais, Jorge Duarte.
Compostela celebrará do 20 de setembro ao 1 de outubro a Semana da Mobilidade
Queremos unha cidade máis accesible e inclusiva
A Semana da Mobilidade comezará o mércores 20 a partir das 20 h., coa proxección do documental Bikes vs Cars no Museo da Cidade. O dia 22 terá lugar o Dia Internacional sen coches no que o transporte público será gratuito e o día 23, 24 e 25 o protagonismo vaino levar a bicicleta.
O martes 26 será o Día da Mobilidade Eléctrica. Na Alameda haberá unha exposición de vehículos eléctricos que se poderá visitar de 10 a 14 h. e de 17 a 20 h. A reivindicación da ocupación do espazo público que agora teñen os coches terá lugar o venres 29 coa celebración do Parking Day.
Outra dos obxectivos desta semana é a sensibilización dos problemas de accesibilidade que ten esta cidade.
Comproba as actividades previstas en Santiago na Semana Europea da Mobilidade
A Semana Europea da Mobilidade impulsouna a Comisión Europea dende o ano 2000 e celébrase co obxectivo de promocionar a mobilidade sostible e o desenvolvemento de boas prácticas que contribúan reducir os problemas que causa o aumento do tráfico.
https://nostelevision.gal/compostela-tera-un-pacto-local-de-mobilidade-consensuado/