Desde o PSOE móstranse favorables ás municipalizacións pero alertan das dificultades

O edil socialista voltou facer fincapé na idea de que “a ORA non é un servizo público e polo tanto non é esencial”

O voceiro do PSdeG-PSOE, Paco Reyes, acudiu hoxe á rolda de prensa para falar do proceso de municipalización dos servizos públicos da ORA e o guindastre. Segundo o edil, desde a súa formación política abórdase a situación cun claro “prexuízo” en favor da municipalización por dous motivos: o ideolóxico, xa que garante o acceso de todas e todos ao servizo e tamén porque existen estudos que amosan que hai servizos municipais que son “máis eficientes a través da xestión directa”. Malia isto, a lexislación do Estado “pon moitas dificultades”.

- Publicidade -

Paco Reyes apuntou que desde o PSOE seguen pendentes dun debate arredor da información da Asesoría Xurídica e do informe de persoal. A intención do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, é levar este tema ao pleno do mes de abril. En canto a isto, Reyes indicou que “é un problema de tempos para poder facer ben o traballo”. Ademais, voltou facer fincapé na idea de que “a ORA non é un servizo público e polo tanto non é esencial”. O concelleiro rematou a rolda insistindo en que “o problema é o marco xurídico, non a vontade política”.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego