O Goberno de Alberto Núñez Feijóo leva anos outorgándolle o sistema sanitario galego ás multinacionais, especialmente ás estadounidenses, como se tratase dun caramelo. O dato de que Galicia é un dos territorios do estado cun maior uso dos estudos de TAC, incluíndo a Madrid e Cataluña, podería tratarse dunha anécdota se non fora polo feito de que este tipo de servizo no Sergas está xestionado pola multinacional estadounidense General Electric.
Outra fórmula usada pola Xunta é a través de convenios entre multinacionais e o Sergas como sucedeu no caso de Medtronic. A multinacional estadounidense introducíu a súa maquinaria nos hospitais clínicos de Compostela e A Coruña outorgando o control sobre as áreas nas que se utiliza o instrumental, ademais da posibilidade de facer un seguemento do seu uso.
A isto súmalle a compra directa como é o caso do hospital Povisa que só precisa o visto bo da Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia para quedar nas mans da multinacional Centene Corporation. Dende a oposición, advirten dos diferentes perigos que pode conlevar esta operación.