Desde que Feijóo goberna, eliminaron 1.795 prazas de persoal sanitario

Luís Villares, voceiro de En Marea esixiu esta mañá no Parlamento Galego que o presidente da Xunta pedira desculpas polo colapso das urxencias no sistema sanitario público de Galicia polo manifesto “desgoberno” do Partido Popular.

- Publicidade -

O PP está desmantelando o sistema sanitario público

O voceiro da Marea amosou o seu rexeitamento ante os recortes en gasto público e en persoal acometidos polo PP nos últimos anos e a “eliminación de 1.795 prazas de persoal sanitario, 1154 en Atención primaria e 641 en hospitais”

Intervención completa de Luís Villares

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego