O secretario xeral de Compromiso por Galicia mostra a súa preocupación polo proxecto da que sería a maior granxa láctea de Europa localizada na provincia de Soria. Juan Carlos Piñeiro esíxelle a Feijóo que “aposte e defenda” o medio rural galego.

- Publicidade -

Desde CXG pídenlle a Feijóo que defenda o noso medio rural

“A xunta é incapaz de establecer estratexias para o desenvolvemento do sector leiteiro”
JUAN CARLOS PIÑEIRO, SECRETARIO XERAL DE CXG

Unha mega-factoría con 20.000 vacas en Soria; ou o que é o mesmo, o 10% da produción galega de leite. Desde Compromiso por Galicia alertan das consecuencias desta granxa sobre un sector lácteo galego.

Desde a organización galeguista censuran que a Xunta de Galicia descoñece o potencial do sector lácteo galego e as necesidades do mesmo.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego