Logo das declaracións da ministra de Sanidade española, Dolors Montserrat, anunciando que o seu Ministerio está a estudar un aumento para os pagos en medicamentos que agora mesmo están a realizar os pensionistas na rúa hai disparidade de opinións, desde a aceptación como un mal menor ata o rexeitamento máis absoluto. As persoas partidarias de que se aplique sinalan que só afectaría ás rendas máis altas.
A cidadanía que rexeita a medida do aumento do repago sanitario dos medicamentos aos pensionistas ten tamén moi claro o seu argumento.
Desconfianza
No que si coinciden a maior parte das persoas preguntadas por esta medida é na desconfianza neste tipo de actuacións. Talvez sexa este o motivo polo que hoxe mesmo a propia ministra sinalou que ese aumento non está “por agora” confirmado.