Home Programas Área Compostela “Descarboniza, que non é pouco” engade máis actividades de sensibilización

“Descarboniza, que non é pouco” engade máis actividades de sensibilización

0
“Descarboniza, que non é pouco” engade máis actividades de sensibilización

O concelleiro de Medio Ambiente, Xan Duro, xunto con Miguel Pardellas, do Grupo de Investigación de Pedagoxía Social e Educación fa USC, presentaron hoxe no Pazo de Raxoi, unha nova fase do programa “Descarboniza, que non é pouco”.

Xan Duro sinalou a “boa acollida” que tivo o programa na experiencia piloto

Unha iniciativa que pretende sensibilizar a cidadanía sobre os efectos dos gases invernadoiro. Xan Duro destacou as iniciativas dos Concellos para buscar respostas de adaptación e minimización dos esfectos do cambio climático, xa que son as entidades que están máis próximas os cidadáns.

Descarboniza?

O obxectivo de “Descarboniza! Que non é pouco” é contribuír á redución da emisión de gases de efecto invernadoiro para o que se forman grupos de persoas que se reunen na rede de centros socioculturais coa intención de mudar o seu estilo de vida e contaminar menos.

Por outra banda, Miguel Pardellas, do grupo de investigación de pedagoxía social e educación ambiental da USC, salientou a impotancia do público da terceira idade dentro do programa

A experiencia piloto de Descarboniza que non é pouco desenvolveuse nos centros socioculturais de Fontiñas, Vite e Lavacolla. Desta volta chegará tamén os centros de Conxo, Castiñeiriño e dentro do ámbito rural ao centro sociocultural de Busto. As próximas accións serán o Martes 17 en Vite, o mércores 18 en Fontiñas, o xoves 19 en Conxo e o día 20 nos centros de Busto e de Lavacolla.

https://nostelevision.gal/o-concello-presenta-o-proxecto-para-reducir-emision-de-gases-de-efecto-invernadoir/